¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
ANDREA RICO ADEGA

ANDREA RICO ADEGA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

ÁREAS DE ESPECIALIZACIÓN MENTORING

  • ÁREA SOCIETARIA, ORGANIZATIVA E PRODUTIVA
  • OUTRAS ÁREAS: XESTIÓN GRUPAL
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Diplomada en Educación social e Licenciada en Pedagoxía, dende 2015 é socia traballadora de Rexenerando S. Coop. Galega onde desenvolve a súa actividade profesional e coordina a área de facilitación de grupos e participación social.

Ten experiencia no deseño e execución de proxectos de intervención socio-educativa en ámbitos diversos como a igualdade de xénero, a educación ambiental ou a formación de persoas adultas. Está centrada no traballo con grupos e no seu acompañamento na construción colectiva de condicións de vida e de traballo máis xustas e sostibles. Para poder abordar toda esa complexidade, leva anos formándose de maneira continua en ferramentas e habilidades para a xestión e facilitación de grupos. Dende 2018 forma parte do Instituto de Facilitación y Cambio (IIFAC-E).

Nos últimos anos tiven a oportunidade de acompañar a grupos e entidades diversas como formadora e facilitadora dos seus procesos grupais internos na busca dunha maior eficiencia e satisfacción das persoas que forman equipos profesionais.